O grupo AA1 participa no proxecto AgroSpace, co obxectivo de desenvolver técnicas que contribúan a desenvolver unha agricultura máis eficiente e de precisión (GL/EN)

O Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias da Universidade de Vigo (AA1) participa xunto cos grupos de Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea do proxecto AgroSpace, unha iniciativa do programa Interreg Sudoe para a cooperación transfronteiriza nas rexións do sudoeste de Europa, fomentando o desenvolvemento rexional e a cohesión entre as diferentes zonas involucradas.

Mapa do ámbito xeográfico de actuación de Interreg Sudoe. Fonte: Interreg Sudoe

O proxecto, iniciado no pasado xuño e con data de fin estimada en maio de 2028, conta cun orzamento de perto de dous millóns e medio de euros, que os socios investirán na investigación en tecnoloxías e metodoloxías de traballo que permitan a mellora do proceso de toma de decisións informadas a través do traballo en tres eixos de innovación: a investigación, o mercado e os instrumentos políticos.

Nunha entrevista recente co medio especializado Campo Galego, o IP do Grupo AA1 Jesús Simal destaca que o rol da Universidade de Vigo é o de «liderar a identificación de boas prácticas agroalimentarias e intercambio de coñecemento en políticas sostibles co foco na súa adaptación ao cambio climático, contribuír á base de datos transnacional e ás iniciativas piloto, e elaborar materiais de formación».

Imaxe da presentación do proxecto AgroSpace. Fonte: AgroSpace – Interreg Sudoe

Ademais, Simal salientou o potencial de AgroSpace para descubrir novas ferramentas e metodoloxías que poidan ser de utilidade para Galicia, unha rexión tipicamente difícil de xestionar debido ao carácter minifundista do reparto de terras e á climatoloxía adversa para a observación a través de satélite, o que pode ser superado con «datos de radar e a combinación con sensores terrestres ou drons».

A entrevista remata cunha invitación aberta a todos os actores interesados, pois o proxecto «representa unha oportunidade única para poñer o espazo ao servizo do rural, creando un ecosistema de cooperación transnacional que fomente a innovación inclusiva. A implicación de actores locais, dende agricultores a autoridades, será clave para o éxito.»

Le máis no artigo de Campo Galego.


AA1 group is participating in the AgroSpace project, with the aim of developing techniques that contribute to more efficient and precision agriculture

The Agriculture and Food Research Group of the University of Vigo (AA1) is participating alongside the Aerospace Technologies and Contemporary History groups in the AgroSpace project, an initiative of the Interreg Sudoe programme for cross-border cooperation in the south-western regions of Europe, fostering regional development and cohesion among the various areas involved.

Map of the geographical scope of Interreg Sudoe.
Sourced from: Interreg Sudoe

The project, which began last June and is scheduled for completion in May 2028, has a budget of nearly two and a half million euros, which the partners will invest in research into technologies and working methodologies to improve the process of making informed decisions by working on three innovation axes: research, the market and policy instruments.

In a recent interview with the specialised media outlet Campo Galego, the IP of Group AA1 Jesús Simal highlights that the role of the University of Vigo is to ‘lead the identification of good agri-food practices and the exchange of knowledge on sustainable policies with a focus on their adaptation to climate change, contribute to the transnational database and pilot initiatives, and develop training materials’.

Image from the presentation of the AgroSpace project. Source: AgroSpace – Interreg Sudoe

Furthermore, Simal highlighted the potential of AgroSpace to discover new tools and methodologies that could be useful for Galicia, a region that is typically difficult to manage due to the smallholding nature of its land distribution and the adverse weather conditions for satellite observation, which can be overcome with ‘radar data and the combination with ground-based sensors or drones’.

The interview concludes with an open invitation to all interested parties, as the project ‘represents a unique opportunity to put space at the service of rural areas, creating a transnational cooperation ecosystem that fosters inclusive innovation. The involvement of local actors, from farmers to authorities, will be key to its success.’

Read more at Campo Galego.