A Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi) acollerá, no vindeiro venres 28 de novembro, a segunda edición do Simposio do Grupo de Investigación Agroambiental e Agroalimentaria (AA1), consolidando así unha iniciativa nacida o ano pasado e que arrincou a súa primeira edición na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, co obxectivo de crear un espazo anual para a posta en común das liñas de investigación do persoal predoutoral e posdoutoral do grupo.
Na súa primeira edición, celebrada en decembro de 2024, o simposio reuniu á meirande parte dos doutorandos do grupo AA1, que presentaron 18 investigacións cun marcado carácter multidisciplinar e internacional. Aliás, dous pósters foron presentados por estudantes de mestrado. Este ano o Simposio dá un paso máis na súa consolidación coma foro de referencia para a investigación científica en Química Analítica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición. O catedrático Jesús Simal Gándara salienta que a cita busca ser “un catalizador para o avance científico a través do debate rigoroso e a crítica construtiva”. Ao longo da xornada, 24 estudantes de doutoramento do grupo AA1 presentarán os seus traballos e, ademais, tamén haberá unha sesión de póster ao cargo de investigadoras do EURLMB (EU Reference Laboratory for Monitoring of Marine Biotoxins – Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Marinas), sediado en Vigo.
As principais áreas temáticas dos traballos presentados, sinala Simal, son catro:
- Identificación e avaliación de compostos bioactivos de fontes naturais, como algas, plantas medicinais ou coprodutos agroalimentarios.
- O uso de modelos biolóxicos, como D. Melanogaster, C. elegans, ou cultivos celulares, para validar efectos antioxidantes, inmunomoduladores ou antiobesidade.
- A aplicación de técnicas analíticas de vangarda (GC/LC-MS) e modelado computacional (Machine Learning) para a caracterización e cuantificación de contaminantes e nutracéuticos.
- A exploración de mecanismos fisiolóxicos, como a epixenética transxeneracional ou a ferroptose inducida por fitoquímicos, para a obtención dunha visión biomecánica do seu impacto na saúde.
Para o director do grupo de investigación, o catedrático Juan Carlos Mejuto, o Simposio constitúe unha oportunidade insubstituíble para que as e os investigadores en formación desenvolvan competencias científicas transversais, melloren a comunicación dos seus resultados e amplíen horizontes metodolóxicos. Pola súa banda, o investigador Jianbo Xiao salienta o carácter crecientemente internacional do grupo, que este ano contará cunha vintena de participantes de orixe chinesa, o que reflexa a relevancia da dimensión internacional e da reputación global do grupo AA1 en ámbitos coma a investigación sobre os polifenois ou a seguridade alimentaria, contribuíndo así a aumentar a capacidade atracción de talento da UVigo.

Estas realidades quedan refrendades polo recente recoñecemento da Universidade de Vigo no ránking de Shanghai, onde se situou como mellor universidade española e 17ª a nivel mundial na área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Un contexto que reforza a proxección dun grupo que conta con case 50 investigadores, está recoñecido pola Xunta de Galicia como Grupo de Referencia Competitiva e desenvolve destacados proxectos de investigación nacionais e europeos, entre os que destacan os proxectos SOSFood, Promiseang, WHEATBIOME ou AgroSpace, sendo os tres primeiros financiados polo programa Horizon Europe e o último polo programa Interreg Sudoe.
Citexvi will host, on 28 November, the II Agri-environmental and Food Research Symposium
The Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi) will host the second edition of the Symposium of the Agro-environmental and Agri-food Research Group AA1 on next Friday, 28 November, thus consolidating an initiative that began last year and which had its first edition held at the Faculty of Sciences of Ourense, aiming to create an annual space for the sharing of the research lines of the group’s pre- and post-doctoral staff.
In its first edition, celebrated in December 2024, the Symposium brought together the majority of the AA1 group’s doctoral students, who presented 18 pieces of research with a marked multidisciplinary and international character. Furthermore, two posters were presented by students of Master’s programmes. This year, the Symposium takes another step in its consolidation as a leading forum for scientific research in Analytical Chemistry, Food Science and Technology, and Nutrition. Professor Jesús Simal Gándara highlights that the event aims to be ‘a catalyst for scientific advancement through rigorous debate and constructive criticism’. Throughout the day, 24 PhD students from the AA1 group will present their work, and there will also be a poster session hosted by researchers from the EURLMB (EU Reference Laboratory for Monitoring of Marine Biotoxins – European Union Reference Laboratory for Marine Biotoxins), based in Vigo.
The main thematic areas of the papers presented, notes Simal, are four:
- Identification and evaluation of bioactive compounds from natural sources, such as algae, medicinal plants or agro-food co-products.
- The use of biological models, such as D. melanogaster, C. elegans, or cell cultures, to validate antioxidant, immunomodulatory or anti-obesity effects.
- The application of cutting-edge analytical techniques (GC/LC-MS) and computational modelling (Machine Learning) for the characterisation and quantification of contaminants and nutraceuticals.
- The exploration of physiological mechanisms, such as transgenerational epigenetics or phytochemical-induced ferroptosis, to obtain a biomechanical insight into their impact on health.
According to the Head of the research group, Professor Juan Carlos Mejuto, the Symposium is an irreplaceable opportunity for early-career researchers to develop cross-cutting scientific skills, improve the communication of their results and broaden their methodological horizons. Researcher Jianbo Xiao highlights the group’s increasingly international character, which this year will include around twenty participants of Chinese origin, reflecting the importance of the international dimension and the global reputation of the AA1 group in areas such as polyphenol research or food safety, thus contributing to increasing the University of Vigo’s capacity to attract talent.

These realities are endorsed by the recent recognition of the University of Vigo in the Shanghai Ranking, where it was ranked as the best Spanish university and 17th worldwide in the field of Food Science and Technology. A context that reinforces the profile of a group that has almost 50 researchers, is recognised by the Xunta de Galicia as a Competitive Reference Group and develops outstanding national and European research projects, including SOSFood, Promiseang, WHEATBIOME and AgroSpace, the first three of which are funded by the Horizon Europe programme and the latter by the Interreg Sudoe programme.





