A female biotechnologist wearing a mask, gloves and a white robe is inspecting potted plants in plant nursery and writing notes into clipboard

O futuro da seguridade alimentaria: predición, descentralización e transparencia (GL/EN)

A liña que divide o futuro do presente é cada vez máis feble, e nese sentido, os próximos anos serán determinantes para pór a proba os nosos sistemas alimentarios. O cambio climático afecta á produción de alimentos das máis diversas formas e, ante este escenario, a xestión reactiva das crises requere dunha estratexia que anticipe os riscos.

A seguridade alimentaria debe ser un ben común, baseado da partilla dos avances científicos a fin de protexer a saúde colectiva. O investimento en predición, descentralización e aprendizaxe transparente permitirá unha maior preparación e resilencia cando apareza a próxima crise global.

Jesús Simal, IP do noso grupo, sinala algunhas das liñas mestras a seguir na súa última colaboración no xornal dixital Daily27:

  • Construír o sistema inmunitario dixital: non podemos limitarnos a inspeccionar a seguridade nos alimentos, debemos predicir as ameazas antes de que xurdan. Investir na vixilancia xenómica de acceso aberto de patóxenos na auga de regadío, nos corredores de fauna salvaxe e nos centros de transporte. Combinar isto coa cartografía de riscos impulsada por IA que fusiona anomalías meteorolóxicas, rutas comerciais e datos históricos de brotes. O obxectivo é crear un panel de alerta temperá, coma se fose unha previsión meteorolóxica do risco de contaminación, accesible tanto para pequenos agricultores como para cadeas de supermercados.
  • Descentralizar e diversificar: unha soa planta de procesamento contaminada non debería desencadear unha retirada de produtos a nivel continental. A nivel industrial, é importante apoiar unidades modulares e de baixo custo de secado, fermentación e irradiación nos centros alimentarios rexionais. Para os fogares, é fundamental promover protocolos de fallo seguro; cada cociña debería ter un método validado para desinfectar produtos cuestionables, por exemplo, con gráficos de pasteurización tempo-temperatura en idiomas locais. A redundancia é a mellor resiliencia.
  • Incorporar a seguridade nos sistemas circulares: o inesperado adoita vir do que descartamos, por exemplo, colleitas danadas por inundacións que entran no penso animal, ou pesticidas enxaguados que pasan dos residuos á auga. Un bo método para evitar ese tipo de problemas podería ser esixir o seguimento en bucle pechado dos subprodutos de alto risco mediante blockchain ou rexistros inmutables similares. Ao mesmo tempo, crear simulacros de seguridade comunitaria, como simular unha alerta repentina de toxina nos xantares escolares, e despois documentar e compartir publicamente as conclusións.
  • Adherirse ao artigo 27 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o dereito a participar no progreso científico. Iso significa que todos os protocolos, o software e os datos de vixilancia deben estar dispoñibles publicamente, non detrás de patentes corporativas. A seguridade alimentaria é un ben común, e non debería de ser unha vantaxe competitiva.

Artigo orixinal na web de Daily27 (en inglés): Food Safety Resilience for the Unexpected – Daily27

Fonte da imaxe/Image source: Magnific. Photo by Drazen Zigic.

The future of Food Safety: prediction, decentralisation and transparency

The line that divides the future from the present is becoming ever more blurred, and in this sense, the coming years will be crucial in testing our food systems. Climate change affects food production in a variety of ways and, in this scenario, reactive crisis management requires a strategy that anticipates risks.

Food security must be a common good, based on sharing scientific advances in order to protect public health. Investment in prediction, decentralisation and transparent learning will allow for greater preparedness and resilience when the next global crisis arises.

To find out what the guiding principles are for achieving these objectives, our IP Jesús Simal suggest the following topics:

  • Building the digital immune system: we cannot simply inspect food safety, we must predict threats before they emerge. Invest in open-access genomic surveillance of pathogens in irrigation water, wildlife corridors and transport hubs. Combine this with AI-driven risk mapping that merges weather anomalies, trade routes and historical outbreak data. The goal is to create an early warning dashboard, like a weather forecast for contamination risk, accessible to both small-scale farmers and supermarket chains.
  • Decentralise and diversify: a single contaminated processing plant should not trigger a continent-wide product recall. At an industrial level, it is important to support modular, low-cost drying, fermentation and irradiation units in regional food hubs. For households, it is crucial to promote safe-failure protocols; every kitchen should have a validated method for disinfecting questionable produce, for example, with time-temperature pasteurisation charts in local languages. Redundancy is the best resilience.
  • Incorporating safety into circular systems: the unexpected often comes from what we discard, for example, crops damaged by floods ending up in animal feed, or washed-off pesticides moving from waste into water. A good way to avoid such problems could be to require closed-loop tracking of high-risk by-products using blockchain or similar immutable records. At the same time, create community safety drills, such as simulating a sudden toxin alert at school lunches, and then publicly documenting and sharing the findings.
  • Adhere to Article 27 of the Universal Declaration of Human Rights, the right to participate in scientific progress. This means that all protocols, software and surveillance data must be publicly available, not behind corporate patents. Food safety is a common good, and it should not be a competitive advantage.

Original article at the web of Daily27 (in English): Food Safety Resilience for the Unexpected – Daily27