Unha imaxe mostrando aos dous vencedores da nova edición dos vencedores do Food Young Investigador Award no ano 2025, o profesor Doutor Yu Fu, da Southwest University da China e a Doutora Lucía Victoria Cassani Menéndez, da Universidade de Vigo
Imaxe dos premiados como Novos Investigadores pola revista Foods

A investigadora Lucía Cassani, premiada co Young Investigator Award da revista Foods

A investigadora doutora Lucía Victoria Cassani Menéndez, da Universidade de Vigo, resultou gañadora da nova edición dos Young Investigator Awards da revista Foods, da editorial MDPI.

O premio, establecido no ano 2021, salienta os logros de investigadores novos no ámbito da investigación alimentaria. Este recoñecemento pon en valor a investigación da doutora Cassani e reflicte o talento incluido no grupo AA1 da Universidade de Vigo.