Maribel Doval e Juan Carlos Mejuto diante da sé do evento

O AA1 chega a México da man do proxecto IBERO4JOBS

O catedrático Juan Carlos Mejuto e a profesora Maribel Doval (do grupo HC1) diríxense hoxe á cidade mexicana de Tepic para unha nova reunión do proxecto IBERO4JOBS, un proxecto cofinanciado polo programa Erasmus+ que se achega á fase final da implementación despois de ter comezado en maio de 2023.

Doval e Mejuto á entrada da reunión do proxecto IBERO4JOBS
Doval e Mejuto á entrada da reunión do proxecto IBERO4JOBS

O obxectivo do proxecto, liderado pola Universidad de Caldas de Colombia, é fortalecer a ligazón entre o ensino universitario e o tecido empresarial e productivo, facilitando así o retorno social do investimento no ensino superior e a adecuación continua da formación para as necesidades do mercado laboral.

Doval e Mejuto coas reitoras das universidades mexicanas do proxecto, a Universidad Autónoma de Nayarit e a Universidad Tecnológica de Nayarit
Doval e Mejuto coas reitoras das universidades mexicanas do proxecto, a Universidad Autónoma de Nayarit e a Universidad Tecnológica de Nayarit

A reunión, que terá lugar dende hoxe, 27 de outubro, até o xoves 30, contará con varias actividades coma conferencias e talleres que permitirán sentar as bases de continuidade dos traballos realizados durante o proxecto.

Ademais, os participantes terán a posibilidade de coñecer os resultados das diferentes «Semana de Retos Ibero4Jobs» en México e Colombia, os países onde o proxecto é implementado (en México nas universidades Autónoma e Tecnológica de Nayarit; en Colombia na Universidad de Caldas e na Universidad Autónoma de Manizales). Estas iniciativas, que permitiron aos estudantes descubrir novas problemáticas identificadas polas empresas participantes, focáronse no desenvolvemento de competencias chave, coma o design thinking, o prototipado ou o pitch comercial.

Metodologia ESP.pdf – Google Drive