Termos de uso

Exención de responsabilidade

Dereitos da propiedade intelectual

A Universidade de Vigo é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a páxina web, o seu deseño gráfico e os seus contidos, salvo que nestes se indique unha titularidade distinta.


Servizo

A Universidade de Vigo intentará reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou das deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.
 

Xurisdición competente e lei aplicable

As controversias que poidan xurdir entre a Universidade de Vigo e as persoas usuarias deste servizo sobre a interpretación ou a aplicación das presentes condicións ou, en xeral, sobre o uso deste serán competencia dos xulgados españois e rexeranse pola lexislación española.